POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1.- IDENTIFICACIÓN: sen modificación

Identidade: GRUPO EDITORIAL LUIS VIVES (en adiante, “GRUPO EDELVIVES”)

Domicilio: Estrada de Madrid, km 315,700, 50001 – Zaragoza

NIF: R5000274J

Delegado de Protección de Datos (DPO): pode contactar co noso DPO a través dos seguintes medios:

E-mail: dpo@edelvives.es

Enderezo: Rúa Xaudaró, 25, 28034, Madrid.

Indicando na referencia “Delegado de Protección de Datos”.

2.- INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO.

Mediante a aceptación da presente Política de Privacidade, o usuario queda informado e presta o seu consentimento libre, informado, específico e inequívoco para que os datos persoais que facilite a través da páxina web situada na URL https://conoce.ta-tum.com/ (en adiante, o “Sitio Web”) sexan tratados por GRUPO  EDELVIVES, así como os datos derivados da súa navegación e aqueloutros datos que poida facilitar nun futuro a GRUPO EDELVIVES.

O usuario debe ler con atención esta Política de Privacidade, que foi redactada de forma clara e sinxela, para facilitar a súa comprensión, determinando libre e voluntariamente se desexa facilitar os seus datos persoais a GRUPO EDELVIVES.

Se es MENOR DE IDADE, só podes proporcionar datos persoais co previo consentimento de pais ou titores, enviado debidamente asinado e con copia do DNI do pai/nai ou titor/a asinante a dpo@edelvives.es. GRUPO EDELVIVES non responde dos datos de menores que, sen poder coñecer este feito, se facilitaron sen consentimento dos pais ou titores.

3.- OBRIGATORIEDADE DE FACILITAR OS DATOS:

Os datos solicitados nos formularios do Sitio Web son con carácter xeral, obrigatorios (salvo que no campo requirido se especifique o contrario) para cumprir coas finalidades establecidas.

Polo tanto, se non se facilitan os datos ou non se facilitan correctamente, non poderán atenderse as finalidades, sen prexuízo de que poderá visualizar libremente o contido do Sitio Web.

4.- CON QUE FINALIDADE TRATARÁ GRUPO EDELVIVES OS DATOS PERSOAIS DO USUARIO?

Os datos persoais facilitados a través do Sitio Web serán tratados por GRUPO  EDELVIVES conforme as seguintes finalidades:

  1. Datos facilitados para o rexistro da Plataforma:

. Xestionar o seu rexistro como usuario na plataforma online propiedade de GRUPO EDELVIVES e aloxada no presente Sitio Web.

. Xestionar o contido do Portal.

. Efectuar análises sobre a utilización do Sitio Web e comprobar as preferencias e comportamento dos usuarios.

  1. Datos facilitados nos formularios de contacto e outras canles postas a disposición dos usuarios:

. Xestionar as solicitudes de contacto e información do usuario a través das canles dispostas para iso nos sitios web de GRUPO  EDELVIVES.

. Xestión da petición suscitada.

. Efectuar análises sobre a utilización do Sitio Web e comprobar as preferencias e comportamento dos usuarios.

. No suposto de prestar o seu consentimento, envío de comunicacións comerciais, polos medios indicados para ese fin, relacionados con novidades, produtos, servizos, ou contidos do GRUPO EDELVIVES.

5.- QUE DATOS DO USUARIO TRATARÁ GRUPO EDELVIVES?

GRUPO EDELVIVES tratará as seguintes categorías de datos do usuario:

  1. Datos facilitados para o rexistro da Plataforma:
  • Datos identificativos: nome, apelidos e correo electrónico.
  • Outros datos: datos facilitados polos propios interesados nos campos abertos.
  • Datos de navegación.
  1. Datos facilitados nos formularios de contacto e outras canles postas a disposición dos usuarios:
  • Datos identificativos: nome, apelidos, centro educativo, localidade, provincia e tipo de usuario.
  • Datos de contacto: enderezo de correo electrónico, número de teléfono.
  • Datos de transacción de bens e servizos.
  • Outros datos: datos facilitados polos propios interesados nos campos abertos dos formularios dispostos no Sitio Web ou nos documentos anexos.
  • Datos de navegación.

No caso de que o usuario facilite datos de terceiros, manifesta contar co consentimento destes e comprométese a trasladarlle a información contida na Política de Privacidade, eximindo a GRUPO  EDELVIVES de calquera responsabilidade neste sentido. No entanto, GRUPO EDELVIVES poderá levar a cabo as verificacións periódicas para constatar este feito, adoptando as medidas de dilixencia debida que correspondan, conforme a normativa de protección de datos.

6.- CAL É A LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO DOS DATOS DO USUARIO?

A lexitimación do tratamento dos seus datos persoais será como segue:

  1. Datos facilitados para o rexistro da Plataforma: o consentimento que se lle solicita e que pode retirar en calquera momento. No entanto, en caso de retirar o seu consentimento, iso non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade. Para a execución de análises sobre a utilización da web, o interese lexítimo de GRUPO EDELVIVES.
  2. Para os formularios de contacto e outras canles postas a disposición dos usuarios: o consentimento que se lle solicita e que pode retirar en calquera momento. No entanto, no caso de retirar o seu consentimento, non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade. Para a execución de análises sobre a utilización da web, o interese lexítimo de GRUPO EDELVIVES.

Para o envío de comunicacións comerciais, o consentimento solicitado ao interesado con ese fin e que pode retirar en calquera momento. No entanto, no caso de retirar o seu consentimento, non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade. Para a execución de análises sobre a utilización da web, o interese lexítimo de GRUPO EDELVIVES.

Os consentimentos obtidos para as finalidades mencionadas son independentes, polo que o usuario poderá revogar só un deles, o que non afectará aos demais.

Para revogar o devandito consentimento, o usuario poderá contactar con GRUPO  EDELVIVES, en calquera momento, a través das canles seguintes: dpo@edelvives.es, indicando no asunto de referencia “Datos Persoais”.

7.- CON QUE DESTINATARIOS SE COMPARTIRÁN OS DATOS DO USUARIO?

Os datos do usuario poderán ser comunicados a:

Datos facilitados para o rexistro da Plataforma: Empresas do grupo ao que pertence GRUPO EDELVIVES, unicamente para fins administrativos internos e/ou para as finalidades anteriormente indicadas.

Datos facilitados para os formularios de contacto e outras canles postas a disposición dos usuarios: Empresas do grupo ao que pertence GRUPO EDELVIVES, unicamente para fins administrativos internos e/ou para as finalidades anteriormente indicadas.

Adicionalmente, os datos poderán ser accesibles por provedores de GRUPO EDELVIVES, sendo este acceso o necesario para o adecuado cumprimento das obrigacións legais e/ou das finalidades anteriormente indicadas. Estes provedores non tratarán os seus datos para finalidades propias que non sexan previamente informadas por GRUPO EDELVIVES.

8.-CONSERVACIÓN DOS DATOS

Os seus datos serán conservados durante os seguintes prazos:

  1. Datos facilitados para o rexistro da Plataforma: serán conservados ata que o usuario non solicite a baixa da mesma e, unha vez solicitada, durante o prazo de prescrición de accións legais derivadas do seu uso.
  2. Datos facilitados para os formularios de contacto e outras canles postas a disposición dos usuarios: serán conservados durante o prazo necesario para dar trámite e contestación á súa solicitude e, unha vez finalizado, durante o prazo de prescrición das accións legais derivadas da citada solicitude.

En relación co envío de comunicacións comerciais, sempre que o usuario non revogue o consentimento prestado. No entanto, en caso de retirar o seu consentimento, non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade.

9.-RESPONSABILIDADE DO USUARIO:

O usuario:

Garante que é maior de dezaoito (18) anos e que os datos que facilita a GRUPO EDELVIVES son verdadeiros, exactos, completos e actualizados. Para estes efectos, o usuario responde da veracidade de todos os datos que comunique e manterá convenientemente actualizada a información facilitada, de tal forma que responda á súa situación real.

Garante que informou aos terceiros dos que facilite os seus datos, en caso de facelo, dos aspectos contidos neste documento. Así mesmo, garante que obtivo a súa autorización para facilitar os seus datos a GRUPO EDELVIVES para os fins sinalados.

Será responsable das informacións falsas ou inexactas que proporcione a través do Sitio Web e dos danos e prexuízos, directos ou indirectos, que iso cause a GRUPO EDELVIVES ou a terceiros.

10.- EXERCICIOS DE DEREITOS:

O usuario pode enviar un escrito a GRUPO EDELVIVES, ao enderezo indicado no encabezado da presente Política, ou ben por medio dun correo electrónico ao enderezo dpo@edelvives.es, achegando fotocopia do seu documento de identidade, en calquera momento e de forma gratuíta, para:

  • Revogar os consentimentos outorgados.
  • Obter confirmación acerca de se en GRUPO EDELVIVES se están tratando datos persoais que concirnen ao usuario ou non.
  • Acceder aos seus datos persoais.
  • Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
  • Solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
  • Obter de GRUPO EDELVIVES a limitación do tratamento dos datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
  • Solicitar a portabilidade dos datos facilitados polo Usuario naqueles casos previstos na normativa.
  • Poñerse en contacto co DPO de GRUPO EDELVIVES a través do seguinte enderezo: dpo@edelvives.es.
  • Interpoñer unha reclamación relativa á protección dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos no enderezo Rúa de Jorge Juan, 6, 28001 – Madrid, cando o interesado considere que GRUPO EDELVIVES vulnerou os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en protección de datos

11.- MEDIDAS DE SEGURIDADE:

GRUPO EDELVIVES tratará os datos do usuario, en todo momento, de forma absolutamente confidencial e gardando o preceptivo deber de segredo respecto dos mesmos, de conformidade co previsto na normativa de aplicación, adoptando para tal efecto as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos.

Última actualización: 20 de abril de 2021